Pdf_Book e PDF Export son dúas extensións para poder exportar contido de servidores MediaWiki (como os das Wikipedias).
Pdf_Book permite crear un libro en PDF, co seu índice de contidos xerado de forma automática e números de páxina, a partires dunha categoría ou lista de arquivos no Wiki. Para crear un PDF dun único artigo, deberiamos usar mellor a extensión PDF Export, que unha vez instalada no servidor, aparecerá como unha ligazón na barra de ferramentas para unha conversión rápida dun artigo dado.
Ademais recordamos tamén que existe unha extensión para OpenOffice.org que nos permite subir os artigos que estemos redactando aos servidores MediaWiki que configuremos no mesmo…
Pdf_Book permite incluír as imaxes embebidas nos artigos e permite o marcado para forzar os saltos de páxina cando ti queiras; mais é unha extensión complexa de instalar e configurar.
Para usar calquera destas extensións de exportación de PDF é necesario ter instalado Htmldoc que fai todo o traballo de converter o HTML a PDF. Tamén serán necesarias outras configuracións adicionais como cambiar a cantidade de RAM para PHP (o autor recomenda 64 MB).
Unha vez instalada a extensión poderás crear un libro en PDF de calquera categoría engadindo “&action=pdfbook” ao final da URL dunha categoría.
Fonte da nova:
http://www.linux.com/feature/141081
