Mancomún

Software Libre para o seguimento de portátiles extraviados

Luns, 21 Xullo 2008

A Universidade de Washington vén de desenvolver o proxecto Adeona como unha tentativa que tenta dar solución ao problema de perdas (ou robos) de dispositivos portátiles, dunha maneira respetuosa coa privacidade do propietario do portátil e distribuido baixo unha licencia GPL 2.0.

A aplicación , unha vez instalada no portátil, rexistra (e envia datos) de forma constante de xeito que estes poidan axudar a localizar o computador a partir da súa IP en caso de perda. A información almacénase seguindo o servizo de almacenamento distribuído de tecnoloxía aberta OpenDHT.

O proxecto Adeona respecta a privacidade do propietairio, ao empregar unha encriptación mediante a cal os datos de ubicación almacenados só poden ser consultados polo dono do dispositivo. Deste xeito, asegúrase que ninguén máis poderá usar a información de trazabilidade do portátil.

O único inconveniente presentado pola aplicación é que en caso de roubo, o sistema só funcionaría se o substractor non formatase o sistema operativo, o cal resulta unha opción bastante improbable.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal