Mancomún

Unha ferramenta de tradución baseada en código aberto potenciará a exportación con Portugal

Venres, 18 Xullo 2008

Mancomún falou recentemente con José R. Pichel, responsable da ferramenta para coñecer máis de preto a súa potencialidade (ver entrevista)

O tradutor automático bilingüe entre galego e portugués desenvolvido pola empresa Imaxin|Software baseado na tecnoloxía aberta OpenTrad “facilitará ás empresas exportadoras aproveitar as oportunidades que ofrece o mercado luso”. Así o puxo de manifesto a Rede Galega de Procesamento da Linguaxe e Recuperación de Información (Rede PLIR) que se reune estes días en Santiago.

Este colectivo, no que se integran sete grupos de investigación das tres universidades galegas, analizou na xornada de onte o gran potencial do OpenTrad de cara á exportación co mercado lusófono. Con este obxectivo o encontro contou coa presencia de José R. Pichel, director da área de Tecnoloxía lingüística de Imaxin|Software, e responsable do primeiro tradutor automático galego-portugués.

Mancomún entrevistou a José R. Pichel para coñecer máis de preto esta ferramenta e o seu potencial de cara ao desenvolvemento do tecido empresarial galego.

Fonte da noticia: A Nosa Terra

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal