Moito se ten falado das novas características do Firefox 3.5 que sairá en breve, mais unha das máis atractivas é a posibilidade de ver vídeos dentro do propio navegador sen a necesidade de ningún plugin adicional, usando para iso os vídeos en formato Ogg Vorbis e Theora.
Para demostrar as capacidades desta nova versión, crearon unha páxina web con HTML5 onde se poden probar as novas características de vídeo.
A páxina en cuestión é a seguinte:Páxina web con vídeos para probar en Firefox 3.5
Recentemente, publicamos que o portal de internet de vídeos DailyMotion apoiaba esta iniciativa creando o portal http://openvideo.dailymotion.com/ Outra das novas características que traerá será a xeolocalización. Mediante un servizo fornecido por Google, Firefox será capaz de actualizar a localización do usuario desde o seu navegador sen ter que instalar ningún plugin adicional ou programa de Google.
