Mancomún

Firefox roza o 30% de uso en Europa

Mércores, 30 Abril 2008

O crecemento do navegador Mozilla Firefox segue aumentando segundo os datos recollidos por XiTI Monitor durante o mes de marzo deste 2008. Así, o uso do navegador Firefox acércase case ao 30% de media no continente europeo, gañando nun ano 4,5 puntos (período marzo de 2007 a marzo de 2008) para chegar ao 28,8% actual.

Analizando os datos, o uso do navegador Firefox crece no 70% dos países da comunidade, e o país con máis uso segue sendo Finlandia cun expectacular 45,9%. O índice de utilización de Firefox en España sitúase desta vez nun 23,5% dato bastante baixo comparado co obtido dos países nórdicos, aínda que indica un crecemento do 22,8% desde o mes de febreiro…

Progreso a nivel europeo:http://www.xitimonitor.com/Images/etudes/fr-FR/firefox-200804-1.png

 Estatísticas por países:

http://www.xitimonitor.com/Images/etudes/fr-FR/firefox-200804-2.png

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal