A Universitat Jaume I de Castelló liberou recentemente o código de CryptoApplet , un applet para a realización de sinatura dixital avanzada no lado do cliente a través dun navegador, accedendo de xeito correcto a cada almacén de certificados, xa sexa local ou a través dun dispositivo externo (como no caso do DNI-e). Este applet é capaz de xerar firmas e ofrecer a súa representación en PKCS#1, PKCS#7, XMLDsig, XAdES-X-L (JDigiDoc de OpenXAdES), PDF e PDF con selo de tempo.
Todo ou código do applet liberouse baixo GPLv2 e pode descargarse nesta ligazón .
