Mancomún

FORGA aposta pola implantación de Linux nas empresas

Xoves, 24 Abril 2008
TuxA Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galicia (Forga) de Pontevedra impartirá un curso de Linux de 40 horas presenciais destinado a traballadores en activo de empresas, cun nivel medio de formación.

Os obxectivos do curso son coñecer, instalar e configurar un sistema de Linux de forma eficiente, utilizar Linux con sistema operativo de usuario e de servidor e solucionar atrancos habituais nun sistema Linux.

O curso, que comezará o vindeiro 28 de abril en horario de 20 a 22:30 horas, estruturarase en catro módulos de contidos prácticos e teóricos.

  •  MÓDULO 1: Introdución, ferramentas de formateo de Linux, instalación de Linux. Práctica: Formateo de equipos informáticos, instalación de una distribución de Linux.
     
  • MÓDULO 2: Ferramentas de Linux. Práctica: Instalación e administracion de ferramentas e servizos en Linux.
  • MÓDULO 3: Compilación dun Kernel. Práctica: Compilación dun Kernel e exploración de alternativas.
  • MÓDULO 4: Sistemas de protección de Linux. Práctica: Configuración da seguridade en Linux.

Os interesados deberan poñerse en contacto con Forga no teléfono 986.833.015, tanto para solicitar información como para a propia inscrición.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal