Mancomún

GALPon presenta a súa distribución MiniNo como alternativa á Guadalinex Mini 2004

Martes, 15 Xullo 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/galpon_animales_small.png Visto na páxina de GALPon:
“Fai un par de meses que decidimos formar un equipo de traballo para intentar montar unha alternativa a Guadalinex Mini 2004, máis actualizada, máis práctica, máis rápida e, por que non, máis agradable á vista
Baseada en Lenny (moi pronto, a que será versión estable en Debian) e pensada para equipos modestos con polo menos 64Mb de RAM e 1Gb de HD, comprácenos comunicarvos que o equipo de GALPon e MiniNo terá en poucos días lista a primeira release de GALPon MiniNo.

Xa que este traballo foi planexado cara a obter unha distro bilingüe (un dos coordinadores de proxecto non é galegofalante) é importante subliñar o traballo de tradución de aplicacións para acadar unha “distro” doadamente galeguizada, aínda hai moitas aplicacións no “obradoiro” pero xa son só as máis raras.

Agradecemos de antemán a todos aqueles que queiran participar como betatesters e anímense a probala, a reportar erros, enviar suxestións, mostrarnos alternativas, etc…

Máis información con ligazóns de descarga, instrucións de instalación, etc.. na fonte orixinal da nova na páxina de GALPon:

http://www.galpon.org

Captura de pantalla de MiniNo:
http://gruvi.galpon.org/arquivos/MiniNo/EXTRAS/pantallazos/pantallazo1.jpeg

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal