A cuarta edición da PartyFoz abrirá as súas portas este verán para reeditar as xornadas de anteriores anos nas que se intercambiaron diferentes experiencias e se afondou na temática do Software Libre, con obradoiros e conferencias sobre o mesmo. Ademais incluiranse charlas sobre os dereitos de autor.
Haberá tamén tempo para a diversión para o que se realizaran campionatos de consolas e PC con xogos como Need for Speed Most Wanted, Counter-Strike, Pro Evolution Soccer ou Dragon Ball, entre outras actividades.
