A nova versión de Video DownloadHelper publicada recentemente entre os complementos de Firefox introduce unha interesante novidade: a posibilidade de converter con asistente os vídeos descargados. Deste xeito é posible obter vídeos en formato AVI (entre outros) en lugar de FLV que se obteñen comunmente ao descargar de webTVs.
Video DownloadHelper é unha ferramenta libre de adware ou spyware especialmente deseñada para a extracción vídeos de sitios como YouTube, MySpace, Google Vídeo, DailyMotion, Filme e outros. O programa reside na barra de navegación de Firefox e funciona como “detector” xa que mediante un icono que se anima cada vez que identifica a presenza de vídeos permíteche descargar directamente os mesmos.
No caso de que o programa non consiga as direccións exactas dos arquivos, facer clic co botón dereito sobre a icona e elixir a opción “Check URL”, isto remíteche a unha procura máis profunda usando VideoDownloader ou Keepvid.
