Mancomún

Gesmon, software de xestión para persoas con discapacidade

Luns, 27 Abril 2009

GesmonGesmon é software libre para persoas con discapacidade. Trátase dun aplicativo ERP, que permite a xestión económica, financeira, etc… das pequenas empresas. Foi desenvolvido baixo OpenBravo e está deseñado de maneira nativa para o traballo en formato web, para o que unicamente precisa dun navegador.

As institucións que traballan para persoas con discapacidade e entre elas as que traballan con persoas con enfermidade mental, non teñen ferramentas informáticas adaptadas e especificas que permitan mellorar a acción que realizan. O programa de xestión Gesmon quere cubrir este oco, quere axudar as institucións a realizar de maneira máis eficiente a súa misión.

Gesmon está orientado ás PEMO (Pequenas e medianas organizacións) e ten tres módulos ben definidos:

  • Módulo de seguimento: Permite ter de forma centralizada os datos dos usuarios (básicos, familiares, sociais, etc…) e levar o control sobre as accións que se realizan para mellorar o traballo social (chamadas, entrevistas, etc).
  • Módulo de xestión: Permite realizar o control do programa individual, a xestión laboral e os servizos nos que está inscrito. O programa individual pretende marcar o seguimento social e os obxectivos que se lle marcan a cada persoa. A xestión laboral serve para un control de ofertas coma en calquera empresa ordinaria; os servizos tratan de onde se atopa inscrito un usuario (seguimento laboral, cursos de formación, …).
  • Módulo de RR.HH.: Marca e controla as variábeis básicas dun traballador: datos básicos dos contratos, calendario, formación.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal