Google vén de anunciar que ao longo do día de hoxe publicará a primeira versión beta para Windows do seu navegador web Google Chrome. Está baseado no WebKit de Apple e no Firefox de Mozilla e que será tamén Open Source.
Entre as características innovadoras deste navegador destacan :
- Un intérprete JavaScript completamente novo e, segundo eles, moito máis rápido.
- Execuxión dos separadores como procesos independentes o que fai que se unha web provoca un fallo, non afecte aos demais separadores. Ademais a colocación dos separadores na interface é diferente ao habitual.
- Melloras no autocompletado da barra de navegación.
- Modo de navegación de incógnito.
- …
Google creou unha banda deseñada explicativa onde describe todas as características e motivacións deste novo navegador.
Fonte: Barrapunto
