Mancomún

Novos cursos de SwL na Rede de Dinamización

Martes, 2 Setembro 2008
Rede de dinamizaciónA Rede de Dinamización da Sociedade da Información organiza varios obradoiros durante este mes sobre aplicacións libres. 
 
Así no Concello de Bueu terá lugar un curso de Iniciación á informática con Linux, cunha duración de 12 horas repartidas dende o 15 até o 26 de setembro os martes e xoves de 11:00 a 13:00 horas.
 
No Concello de Riotorto desenvolverase o obradoiro Suite ofimática: OpenOffice.org. Ao longo de 13 horas achegará aos participantes as ferramentas máis importantes e útiles do paquete ofimático OpenOffice .org (folla de cálculo, procesador de textos e presentación de diapositivas. Terá lugar dende o 8 até o 26 de setembro os  luns, mércores e venres de 9:30 a 11:00.
Finalmente na Fundación Cel Iniciativas por Lugo terán lugar dous obradoiros do 22 ao 25 de setembro de 6 horas de duración cada un:
  1. Presentacións: Impress de luns a xoves de 10:00 a 11:30.
  2. Procesador de textos: Writer de luns a xoves de 12:00 a 13:30.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal