O proxecto deberá xustificar o emprego de tecnoloxías abertas para ser aprobado polo ente europeo
De ser aprobado, o proxecto, bautizado como Culturxest, estaría dotado dun orzamento de 823,140 euros e desenvolveríase no período 2008-2010, baixo a tutela da Concellería de Cultura e Centros Socioculturais de Santiago de Compostela.
O programa prevé dúas fases. Na primeira, diagnosticaríanse os niveis actuais de calidade e servizos prestados á cidadanía a través das ferramentas de xestión informática dos centros.
A partir do mencionado exame, Culturxest tentará mellorar os servizos en liña ofertados ao público, no tocante ao seu deseño, accesibilidade, facilidades de navegación, niveis de actualización e integración en webs municipais. A ferramenta permitirá xestionar cursos, talleres, escolas e organizar excursións a través desta plataforma. Así mesmo, os usuarios poderán xestionar os pagos periódicos por medio dunha pasarela online.
Para acceder a esta axuda, o Concello de Santiago conta co apoio de tres socios transnacionales da rexión sudoccidental europea: a Agência de Desenvolvimento Rexional do vale do Ave, a Câmara Municipal de Palmela e o Syndicat Mixte du Pays Marennes Olèron.
