Mancomún

Cdlibre.org só incluirá Software Libre nas súas recopilacións

Martes, 2 Setembro 2008
cdlibreDende o día 1 de setembro están dispoñibles as recopilacións de setembro de cdlibre.org, o cal contén até un total de 621 programas diferentes.

Nas últimas 6 semanas publicáronse novas versións de 128 programas como GIMP, Miro, Paint.Net, Songbird, SumatraPDF ou UltraVNC e engadíronse 7 novos programas, entre eles ,o PIM Chandler e o xestor de arranque GAG.

A partires deste mes, cdlibre.org só incluirá Software Libre e as recopilacións publicaranse o primeiro luns de cada mes. Ademais realizaranse actualizacións e ampliacións do catálogo de xeito semanal.Un boletín electrónico informará periodicamente do listado de novidades.

Fonte: Hispamp3

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal