Visto en Código Cero :
Entre os días 3 e 5 de xullo terá lugar en Santiago de Compostela o III Encontro de Edublogs 2008 que se desenvolverá na Facultade de Ciencias da Educación e tratará temas como a creación de redes sociais educativas a través de distintas ferramentas e talleres, moitos deles centrados no Software Libre como os talleres de eXe Learning, o de iniciación a Moodle, Wikispaces ou o de iniciación a Joomla!.
O evento abre o seu prazo de inscrición ata o 25 de xuño e pretende acoller a un total de 100 persoas. O programa completo está dispoñible na fonte orixinal da nova.
