O Grupo Asociado pola Libre Información e a Tecnoloxía (Galite.org) vén de renovar a súa faciana pública estreando nova páxina web. Con este cambio a asociación pretende ofrecer aos seus membros e colaboradores un mellor servizo, máis estable e cunha oferta de posibilidades máis diversa. O novo sitio, desenvolvido sobre Drupal 6, incorpora novos foros a disposición de todos os internautas, un servizo de correo electrónico, unha área de socios e unha nova sección para a publicación de artigos.
O recente formato inclúe ademais unha opción de “Axuda” onde se explica como se pode iniciar sesión ou como cambiar a clave de acceso.
Máis información na páxina de Galite.org
