Mancomún

Pbooks, ferramenta web para a xestión do pequeno negocio

Martes, 3 Xuño 2008
Pbooks é unha solución para ter un sistema de contabilidade para o pequeno negocio, utilizando o modelo da dobre entrada. O software é Open Source e está desenvolvido en PHP baixo licenza  Affero GPL v3.

Dende a web do proxecto están dispoñibles versións beta, nestes intres a 0.11, e unha demo para probar o seu funcionamento sen ter que instalar o software. Esta solución apareceu dando resposta a unha necesidade de dispoñer dunha solución máis sinxela e funcional respecto ás xa existentes. No blogue do proxecto faise un percorrido rápido polas ferramentas xa existentes.

 
O proxecto estase a desenvolver empregando Trac e tamén hai información no wiki do proxecto para os desenvolvedores que queiran facer modificacións.

Ligazóns a PBooks:

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal