A través da web de Agnix coñecemos da existencia dun complemento para o reprodutor de video VLC que lle proporciona funcionalidades para facer videoconferencia, o VLVC .
Permite realizar videoconferencias entre dúas e dez persoas. Igual que o VLC é multiplataforma e distribúese baixo licenza GPL. Na súa web hai dispoñible unha galería de capturas de pantalla para darnos unha idea das súas posibilidades.
VLVC admite 4 modos de uso:
-
Sala de conversa: todos os participantes poden falar e ver aos demais.
-
Conferencia: só un dos participantes pode falar e será a quen vexan os demais.
-
Anfiteatro: versión avanzada do modo “Conferencia”. O que fala pode dar ou retirar o dereiro a intevir aos demais.
- Encontro: similar ao”Anfiteatro”. Pódese dar o turno de palabra a varias persoas á vez.
