Mancomún

Brasil obriga a consultar unha web de aplicacións libres antes de crear unha aplicación nova

Mércores, 4 Xuño 2008
O Goberno de Brasil, dentro das súas novas normas para a contratación de servizos de tecnoloxías da información, decidiu obrigar ás administracións públicas a consultar unha web de aplicacións libres antes de desenvolver unha nova, co obxectivo de aproveitar os recursos e evitar a duplicidade de esforzos. A normativa, publicada no Diário Oficial da União o 20 de maio de 2008 co título “Instruccións para a contratación de servizos TI (Tecnoloxías da Información)”, obriga a consultar o Portal do Software Público Brasileño antes de contratar a creación dunha nova aplicación por parte de calquera administración deste país…

Fonte:
http://softlibre.barrapunto.com

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal