Mancomún

Lazarux, unha distribución de Linux para persoas con discapacidade visual creada por galegos

Mércores, 4 Xuño 2008

 Os informáticos coruñeses David Cabrero, Juan Buño e Sergio Rodríguez son os creadores de Lazarux, unha distribución de Linux destinada a persoas con discapacidade visual. O software dispón dun sintetizador de voz e magnificadores de imaxe para usuarios con visión limitada.

Nunha entrevista publicada por Europa Press, Juan Buño explica que no prazo dun ou dous anos as persoas invidentes poderanse desenvolver con “total autonomía” no uso de computadores e mesmo poderán instalar programas. Actualmente, pódense desenvolver xa tarefas básicas en solitario, como editar textos, consultar o correo electrónico ou navegar polo sistema, pero aínda se precisa a axuda doutra persoa para tarefas máis complicadas.

lazarux
Captura de pantalla da aplicación Lazarux 

 

 Buño recoñece que hai avances en software privativo, pero incidiu en que o seu traballo é impulsar o software libre, especialmente Linux, para que as persoas cegas poidan acceder “de xeito gratuíto, o que supón un grande aforro de diñeiro”.

O informático impartiu recentemente unha conferencia na Facultade de Informática da Coruña para “concienciar” os futuros licenciados da necesidade de favorecer a accesibilidade das persoas con discapacidade ás novas tecnoloxías.

Fonte: Sociedade da información  

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal