Mancomún

Presentan unha versión de Ubuntu para ultraportátiles

Mércores, 4 Xuño 2008

Vemos en Código Cero que Canonical presentou onte na feria Computex unha nova versión de Ubuntu especialmente deseñada e optimizada para o seu uso nos novos ultraportátiles.

Este novo Ubuntu Netbook Remix baséase na edición de escritorio de Ubuntu no que se traballou para conseguir acceso máis rápido á rede e ás aplicacións máis empregadas. Ademáis está optimizado para os novos procesadores Intel Atom.

Canonical está a traballar tamén con numerosos OEMs para tratar de levar ao mercado os dispositivos co novo sistema a finais de 2008. En Computex teñen dispoñibles demostracións.

Fonte: Código Cero  

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal