O III Encontro de Edublogs 2008 dará mañá comezo na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela co propósito de analizar a creación e o uso de redes sociais con fins educativos (edublogs).
Estas xornadas, que se prolongarán até o día 5 de xullo, basearan gran parte dos seus contidos no fenómeno do Software Libre, incidindo en aplicacións de gran difusión como Joomla ou Moodle.
Segundo aseguran os organizadores, “a idea é que este encontro sirva para introducir cada vez máis o uso do Software Libre e gratuíto no noso sistema de ensino”.
