Os desenvolvedores de Guadalinex veñen de publicar a versión 4.2, que aumenta a compatibilidade con diversos dispositivos e que actualiza a versión 4.1 publicada aínda recentemente.
Estas actualizacións preceden o lanzamento de Guadalinex 5, que xa pode ser probado en versión beta. Para incentivar o testaxe desta versión sortearase entre os probadores unha Power Ball de Guadalinex.
