A Asociación Cultural Ourensana de Software Libre, OUSLI, organiza o vindeiro xoves 18 de decembro a Xornada de Software Libre no FP de Caixanova en Ourense, Este encontro, como xa informara anteriormente Mancomún, ten como finalidade a formación no eido das novas tecnoloxías no software libre e a difusión deste.
Con este propósito a xornada estará patrocinada por Mancomún, en virtude do convenio asinado coa Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, e a empresa Igalia. Asemade, colaborarán na xornada o GLUG , Thinetic Systems , Openhost , CGA, TEGNIX e a OSL-USC .
O programa das xornadas é o seguinte:
|
|
-
12:40-13:50 – Taller de tradución de software ao galego.
-
13:50-15:00 – Taller de Inkscape.
Relator: Denís Fernández Cabrera, Presidente de GLUG e membro da OSL-USC.
As xornadas están abertas a calquera persoa que queira achegarse polo centro situado en Finca Sevilla Nº2, o lado de Expourense.
Fonte: Ousli
