Mancomún

Infraestruturas Virtuais de código aberto con OpenNebula e Haizea

Xoves, 7 Agosto 2008

O Grupo de Arquitectura de Sistemas Distribuídos da Universidade Complutense de Madrid lanzou recentemente a primeira versión estable de OpenNebula, un xestor de infraestruturas virtuais de código aberto.

OpenNebula permite xestionar o despregamento e migración de múltiples máquinas virtuais nun cluster de computadores (Xen ou KVM, o que engadirán soporte para VMWare na próxima versión). Con esta aplicación a Universidade Complutense de Madrid irrompe nunha área copada polas opcións privativas (VMWare VirtualCenter, Platform Orchestrator, etc.), pero con escasas alternativas libres.

OpenNebula distínguese, ademais de polo seu carácter aberto, por dar soporte para múltiples tipos de reservas utilizando o planificador libre Haizea.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal