Mancomún

Lancelot, a alternativa aos actuais lanzadores de aplicacións de KDE, liberada

Mércores, 27 Agosto 2008

KDEOs usuarios que non se sentisen de todo cómodos cos lanzadores de aplicacións KDE4 (Kickoff ou Kmenu) teñen xa unha nova alternativa estable: Lancelot 1.0.

Lancelot é un software desenvolvido por Ivan Cukic, un estudante de matemáticas da Universidade de Belgrado, a cal achega unha maneira rápida de acceder ás aplicacións máis empregadas, aos nosos dispositivos, contactos, etc dun xeito refrescante e familiar.

 

Lancelot

 

 

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal