Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.
Os desenvolvedores de Django, un dos framework libres máis famosos baseado en [[Python]], veñen de anunciar recentemente a liberación da versión estable 1.0.
Segundo se explica no blog do proxecto, este logro debeuse en gran medida á comunidade de usuarios e desenvolvedores do proxecto e destacan o grande esforzo realizado con estatísticas como 4.000 commits e 2.000 bugs correxidos dende a última versión estable.
A nova versión pode conseguirse nas páxinas de descarga do proxecto. Asemade están dispoñibles as notas de lanzamento da mesma.
