A empresa coreana GPH presentou a súa Wiz, unha nova consola de xogos portátil baseada na súa propia distribución de Linux, GP2X, e un procesador Arm9 de 533 MHz, 64 Mb de RAM, 1 Gb de memoria flash NAND. A consola dispón, ademais, dunha ranura para un cartón SD e un conector USB 2.0. Inclúe tamén unha pantalla de 320×240 (QVGA) e unha batería de Ion-Litio que promete até 5 horas de diversión.
A consola inclúe ademais o seu propio reprodutor Flash 7.0, o que lle dá a posibilidade de correr aínda máis xogos, ademais dunha colección propia de software como un visor de fotos, un lector de e-books, un planificador, un gravador de voces, un reprodutor multimedia e máis.
