Mancomún

Dispoñible o navegador Arora en galego e para Debian

Luns, 8 Setembro 2008

MininoOs membros de GALPon infórmannos a través da súa web de que xa está dispoñible en galego o navegador web Arora na súa versión 0.4. Isto foi posible, segundo aseguran, “grazas ao traballo do Equipo de GALPon MiniNo”, quen incluiu ademais o ficheiro gl.ts no git do proxecto.

Os desenvolvedores poñen a disposición de quen o desexe o ficheiro en: http://gruvi.galpon.org/arquivos/MiniNo/traduccions/arora/git-20080907/ incluido o binario gl.qm

Hai tamén dispoñible un .deb compilado sobre Leny (a versión dos repos é a 0.2 para lenny e a 0.3 para sid) nesta ligazón, o cal xa inclúe o gl e máis a actualización do castelán.

Fonte: GALPon

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal