Mancomún

Dispoñible a primeira RC de OpenOffice.org 3.0

Luns, 8 Setembro 2008

Logo do OOo 3.0Acaban de publicar a primeira versión candidata do OpenOffice.org 3.0. Isto quere dicir que xa temos unha versión para probar todas as funcionalidades da que será a definitiva e agardada versión 3.0 final. Por suposto, aínda non se trata dunha versión definitiva e estable, pero si é completamente funcional xa que de agora até que saia a versión final só se van corrixir erros.

Dende esta páxina podemos descargar esta versión para os diferentes sistemas operativos:

Pódense consultar todos os cambios realizados dende a última versión beta até esta RC. (http://development.openoffice.org/releases/3.0.0rc1.html)

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal