Mancomún

Mancomún conclúe con éxito o programa piloto para a capacitación de empresas TIC no eido do SwL

Luns, 28 Xullo 2008

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege(“UniversalXPConnect”);const gClipboardHelper = Components.classes[“@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1”].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById(“GM_BoxValuesSession”).innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById(‘GM_BoxValuesSession’).parentNode.style.display = ‘none’;}

A experiencia permitirá xerar documentación adaptada ás necesidades reais do tecido empresarial galego e que estará dispoñible para toda as empresas

dvd O Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza, Mancomún -promovido pola Consellaría de Innovación e Industria-, vén de concluír a experiencia piloto para a capacitación de empresas TIC no eido do Software Libre cunha valoración moi positiva por parte dos asistentes. O curso foi organizado co fin de establecer unha experiencia previa que permitise coñecer as necesidades reais do tecido empresarial galego en materia de formación en Software Libre ou, o que é o mesmo, coñecer o seu grao de competencias de cara á implantación e ao soporte de servizos en Software Libre.

A iniciativa piloto, enmarcada dentro do denominado “Plano de Capacitación TIC en Software Libre”, concibiuse como un complemento ao “DVD – Ferramentas informáticas para a PEME”, lanzado en novembro de 2007, e coa mesma se xerará documentación pertinente para calquera empresa galega que desexe implantar as tecnoloxías de código aberto no seu negocio.

Até un total de seis empresas de toda Galiza ( RG Enxeñería -Melide-, Eomática SL -Ribadeo-, Cibernia Informática -As Pontes-, Ava Soluciones Tecnológicas SL -Santiago de Compostela-, MYC -Ferrol-, Inforede SL -Pontecesures-), así como persoal do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia e do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e benestar participaron neste curso piloto que se desenvolveu entre o 13 de xuño e o 19 de xullo en Santiago de Compostela.

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege(“UniversalXPConnect”);const gClipboardHelper = Components.classes[“@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1”].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById(“GM_BoxValuesSession”).innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById(‘GM_BoxValuesSession’).parentNode.style.display = ‘none’;}

Todos os participantes coincidiron en destacar a utilidade dos contidos expostos, os cales cualificaron cunha valoración entre boa e moi boa. Ademais, amosaron as súa predisposición para integrar en maior ou menor medida o Software Libre nos seus modelos de negocio, tanto entre as empresas con maior coñecemento da materia como aquelas máis alleas á mesma.

O Plano de Capacitación TIC podería continuar no último trimestre do ano coa organización dunha nova edición do curso.

Contidos do curso

Os contidos do curso, impartido pola empresa TEGNIX, estruturáronse en dous módulos subdivididos en bloques temáticos.

O primeiro dos módulos orientouse á implantación e soporte en Software Libre co obxectivo de dar a coñecer os modelos de negocio entorno ao Software Libre, os aspectos legais así como unha orientación cara á planificación deste tipo de proxectos e as posibilidades de subvencións públicas. Este bloque tivo fundamentalmente como destinatario a persoal directivo ou xefes de proxecto.

A implantación e soporte de servizos básicos en Software Libre foi a temática do segundo dos módulos, dirixido ao persoal técnico das empresas. Neste apartado, achegáronse as bases para a implantación e o posterior soporte das ferramentas básicas dunha oficina informatizada: ofimática, internet e intranet. Precisamente foi este apartado o que máis interese xerou entre os asistentes, por consideralo de maior utilidade para a empresa.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal