SourceForge.net, o repositorio online de software libre que reúne a case 184.000 proxectos libres diferentes, vén de anunciar a lista de gañadores dos Sourceforge 2008 Community Choice Awards, os premios outorgados por esta comunidade aos mellores e máis importantes proxectos do ano.
Os premios fixéronse públicos no transcurso da Open Source Convention (OSCON) que se celebrou este ano en Portland (Oregón, EE. UU.) entre os días 21 e 25 de xullo e na que se deron cita un total de 2.500 desenvolvedores, expertos, directivos, colaboradores, etc. do código aberto.
A lista de gañadores é a seguinte:
-
Mellor proxecto: OpenOffice.org
-
Mellor proxecto para a empresa: OpenOffice.org
-
Mellor proxecto para educación: OpenOffice.org
-
Proxecto que máis probablemente será a próxima adquisición milmillonaria: phpMyAdmin
-
Mellor proxecto para multimedia: VLC
-
Mellor proxecto para xogos: XBMC
-
Proxecto que máis probablemente vaia cambiar o mundo: Linux
-
Mellor novo proxecto: Magento
-
Proxecto que máis probablemente vaia ser acusado ambiguamente de infrinximento de patentes: WINE
-
Proxecto que máis probablemente conseguirá que os seus usuarios sexan demandados: eMule
-
Mellor ferramenta ou utilidade para administradores: phpMyAdmin
-
Mellor ferramenta ou utilidade para desenvolvedores: Notepad++
