Mancomún

Mancomún renova o directorio de empresas de SwL para a súa dinamización

Xoves, 5 Xuño 2008

O directorio de empresas de Software Libre de Galiza vén de incorporar melloras ao seu servizo co propósito de facer desta ferramenta un sistema de busca e localización óptimo. A medida pretende,ademais, incentivar o rexistro de novas entidades para unha maior cobertura do tecido empresarial galego.

Mancomún introduce como novidades un xeolocalizador Googlemaps, para a ubicación xeográfica das empresas, así coma un motor de busca por termos e por provincias, que se incorpora ao xa existente en materia da actividade desenvolvida e categorizada en cinco subgrupos: desenvolvemento/adaptación, soporte técnico, consultoría,  formación e implantación en Software Libre. Estas melloras intégranse nunha interface renovada, tanto a nivel de deseño como de accesibilidade

Deste xeito, as empresas que se rexistren, a partir de agora, poderán facelo xestionando as súas propias descricións cun editor de texto. Isto permitirá a modificación do formato de texto, a incorporación de imaxes ou de ligazóns.

O directorio preséntase, así, máis atractivo para o empresario, que conta con maiores recursos para a promoción do negocio, como para o cliente, que ve optimizada a busca coa inclusión de novos filtros.

 

directorio
 Captura de pantalla do directorio renovado

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal