Mancomún

Oferta de traballo para C.T.I. TEGNIX

Xoves, 5 Xuño 2008
A empresa C.T.I. TEGNIX convoca unha oferta de traballo para o posto de administrador de Sistemas Linux. Requírese unha persoa con coñecementos na administración de sistemas baseados nesta plataforma e en servizos de rede (Apache, Samba, Bind, Openldap, Postfix…).
 
O posto de traballo estará orientado á posta en marcha e configuración de contornas baseados en GNU/Linux, bases de datos MySQL e PostgreSQL, virtualización de servidores e mantemento de servizos críticos, entre outras funcións.

A continuación indícanse as especificacións achegadas pola propia empresa:

Posto vacante:  Administrador de Sistemas Linux

Categoría: Informática e telecomunicacións

Requerimentos:

* Coñecementos de administración de sistemas baseados en GNU/Linux e servizos de redes (Apache, Samba, Bind, Openldap, Postfix,…)

* Disposición de traballar en grupo

* Capacidade de aprendizaxe

* Paixón polo Software Libre

Ademais destes requirimentos obrigatorios valorarán:

* Titulación técnica

* Experiencia en empresas do sector

* Coñecementos en linguaxes de programación como Java, Perl, PHP, Bash-scripting, AJAX o Python (entre outros)

* Implicación coa comunidade de software libre

* Capacidade de asumir responsabilidades e de traballar en equipo

* Galego falado e escrito

* Inglés técnico (nivel medio de leitura)

* Carnet de conducir

* Coñecementos doutros sistemas operativos

As funcións a desenvolver na empresa serán:

* posta en marcha e configuración de entornos baseados en GNU/Linux,

bases de datos MySQL, PostgreSQL

 * virtualización de servidores

* alta disponibilidade, mantemento de servizos críticos, etc

Outras especificacións realizadas pola empresa son:

* Salario negociable segundo experiencia achegada

* Estabilidade laboral, participación en proxectos de ámbito nacional e internacional, posibilidade de aprendizaxe e desenvolvemento profesional.

* Excelente ambiente de traballo

* Contrato temporal a xornada completa con posibilidade de convertirse en indefinido.

Documentación solicitada

* Curriculum Vitae e fotocopia do título ou expediente en caso de titulación.

* Recoméndase presentar a documentación en formato de estándar aberto internacional (ISO/IEC 26300:2006 Open Document Format ou ISO 32000 Formato PDF)

A documentación deberá ser remitida ao enderezo de correo electrónico rrhh@tegnix.com

 

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal