![]()
A asociación Melisa de Melide acaba de informar mediante a súa páxina de que os vindeiros sábados 1 e 8 de agosto organizará un obradoiro do sistema de administración de contidos Joomla. O lugar elixido para a celebración do obradoiro será o cíber da Fundación.
Todos aqueles que estean interesados en asistir a este obradoiro terán que comunicalo a través de correo electrónico a melisa.melide@gmail.com, ben poñéndose en contacto con calquera dos membros da directiva, ou na propia Fundación.
O custo deste obradoiro é de 15 euros, os cales serán destinados integramente ao financiamento de Melisa.
Algúns dos contidos a ver neste taller son os seguintes:
-
Descarga e instalación nun servidor web.
-
Xestión do deseño.
-
Xestión de contidos. Introdución e modificación de artigos.
-
Xestión de usuarios.
-
Instalación de módulos e compoñentes.
Joomla é un C.M.S ou Content Management System, sistema de administración de contidos que conta entre as súas principais virtudes a posibilidade de editar o contido dun sitio web de maneira sinxela. É un aplicativo de código aberto construido maioritariamente en PHP baixo unha licenza GPL. Este administrador de contidos pode traballar en Internet ou en intranets e require dunha base de datos MySQL, así como dun servidor HTTP.
