Mancomún

Microsoft libera uns controladores de virtualización para Linux

Martes, 21 Xullo 2009

O software libre é a mellor alternativa de futuro no eido da tecnoloxía e está gañando cada día terreo ao software privativo, a pasos axigantados. As empresas de software privativo son conscientes disto polo que chega con ver que a empresa de software privativo máis importante do mundo, MicGNU/Linux Winrosoft, xa empeza a verse obrigada a liberar algún dos seus produtos para poder competir con aplicativos libres que lle están quitando moito mercado. Como demostra o feito de que esta empresa acaba de anunciar que liberou baixo licenza GPL v2 20.000 liñas de código de tres controladores para o núcleo Linux, que permitirán mellorar o rendemento destes sistemas cando se executen baixo a súa tecnoloxía de virtualización Hyper-V en Windows Server 2008 e Windows Server 2008 R2.

Os controladores xa foron enviados aos desenvolvedores do Kernel para a súa inclusión en futuras versións. Estes controladores permitirán aos anfitrións GNU/Linux en Hyper-V comunicarse directamente co hypervisor para operacións de E/S no canto de emular o hardware, o que fará que mellore o seu rendemento.
Microsoft, para explicar os motivos que segundo eles os levaron a liberar estes controladores, di o seguinte:

“Estamos vendo como as comunidades de Microsoft e as comunidades código aberto medran xuntas, o cal beneficia en última instancia aos nosos clientes. A Comunidade Linux, por exemplo, construíu unha plataforma utilizada por moitos clientes. Polo tanto, a nosa estratexia é mellorar a interoperabilidade entre a plataforma Windows e as tecnoloxías de código aberto, incluído Linux, para proporcionar as opcións que os nosos clientes demandan.”

Fontes: http://www.vivalinux.com.ar/soft/microsoft-libera-drivers-de-virtualizacion

http://www.elotrolado.net/noticia_microsoft-libera-20-000-lineas-de-codigo-para-el-kernel-de-linux_16517

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal