Mancomún

MoodleMoot 2008 en Barcelona

Xoves, 26 Xuño 2008

MoodleMoot Barcelona 2008 A MoodleMoot é o maior encontro hispano de usuarios e desenvolvedores de Moodle. Este ano terá lugar na cidade de Barcelona os días 23, 24 e 25 de Outubro de 2008.

O seu principal obxectivo será, coma sempre, compartir coñecementos sobre Moodle. Segundo os organizadores haberá información sobre os novos desenvolvementos e integración con outras ferramentas aínda que o principal interese será compartir experiencias de uso desta ferramenta nas aulas de todos os  niveles e sectores educativos.

No programa inclúense relatorios multitudinarios ou para grupos reducidos, obradoiros, mesas debate sobre usos de Moodle …

Está aberto o prazo para envío de comunicacións dende o 6 de maio até o 15 de xullo. A organización quere que o fluxo de coñecementos non se limite aos 3 días do encontro, se non que se estenda antes e despois do mesmo. Por isto as publicacións estarán dispoñibles para a súa lectura, así como para comentalas ou facer preguntas aos seus autores antes durante e despois da Moot.

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal