O equipo de desenvolvemento de Internet Explorer felicitou recentemente ao equipo de Mozilla polo lanzamento do novo Firefox 3 e para iso, non dubidaron en enviarlles un
pastel de parabéns:
ao igual que xa fixeron no seu día coa saída do Firefox 2, pastel do cal gardan aínda un anaco.
Al Billings, traballador en Mozilla desde hai un ano, traballara con anterioridade como xefe de proxecto no equipo de IE e foi o que recibiu o agasallo dun anterior compañeiro de Microsoft.
As relacións entre os dous equipos de desenvolvemento nunca foran tan cordiais: no ano 1997 cando saiu Internet Explorer 4.0,
Microsoft puxo un logotipo inmenso de IE en fronte da sede de Netscape. Os empregados de Netscape responderon pintándo no logo de IE o slogan de Netscape “Netscape Now!”. Ademais puxeron unha
mascota inmensa de Mozilla (duns 2 metros de alto) enrriba do logotipo e un cartel onde se podía ler: “Netscape 72, Microsoft 18” en alusión á cota de mercado dos dous navegadores naqueles tempos…
Fonte:
http://www.mozillazine.org/talkback.html?article=24004