TuxGuitar é un software multiplataforma para a composición e reprodución de partituras para guitarra desenvolvido en JavaSWT. Despois de dous anos de desenvolvemento está dispoñible, dende hai unhas semanas, a nova versión 1.0 considerada estable.
TuxGuitar é un software orientado para guitarristas e baixistas para a creación e escoita de varios formatos de tablaturas, inda que o contorno de traballo é válido para calquera músico.
TuxGuitar vén acompañado dunha serie de complementos que amplían as posibilidades:
- tuxguitar-converter, permite a importación/exportación a diversos formatos (*.gpX, *.ptb, *.tef, *.tg).
- tuxguitar-musicxml, para exportar ficheiros a formato MusicXML.
- tuxguitar-lilypond para exportar os ficheiros a formato Lilypond.
- tuxguitar-gtp, para abrir ou gardar ficheiros de Guitar Pro.

