Acaba de saír, aínda que con dous meses de retraso, a Ubuntu MID (Mobile Internet Device) Edition que consiste nunha versión de Ubuntu 8.04 adaptada para dispositivos móbiles con conexión a internet. Está especialmente optimizada para os procesadores Atom de Intel.
Algunhas das aplicacións incluídas son:
- MID Browser: navegador web baseado en Gecko deseñado especificamente para pantallas pequenas con soporte para facer zoom.
- Pidgin como cliente de mensaxería instantánea.
- Cheese para a integración de cámara web.
- Claws Mail como cliente de mensaxería por defecto.
- Moblin Media para reprodución de son e vídeo.
- Xogos
- FBReader como lector de libros electrónicos.
- Outras aplicacións: Reloxo con alarma, calculadora, lista de contactos…
Ubuntu MID Edition benefíciase de moitos dos proxectos de Intel Moblin, especialmente nalgunhas partes do framework, o navegador web, multimedia e os applets.
Se dispoñedes dun netbook podedes descargalo e probalo. Si non tendes un e queredes botarlle un vistazo igualmente, podedes facelo mediante unha imaxe de máquina virtual KVM que Canonical pon para descargar.
