Mancomún

Os Boy Scouts apostan polo Software Libre

Martes, 24 Xuño 2008
Boy Scouts of America (BSA) é a organización de scouts máis popular de Estados Unidos e está formada por 3 millóns de nenos e por 1.1 millóns de adultos que exercen de monitores e titores. Esta organización optou no ano 1998 polo uso das tecnoloxías de fontes abertas e agora, 10 anos despois, consolidaron a súa aposta co lanzamento dun portal (BSA Open Source Initiative) sobre software libre.

O obxectivo deste proxecto é asesorar sobre o uso de Software  Libre aos técnicos informáticos de cada unha das agrupacións que forman esta organización. A web pretende ser unha ferramenta útil para atopar aplicacións de fontes abertas e consolidarse como un espazo de intercambio de experiencias entre os diferentes grupos de BSA.

Os responsables da organización consideran que a filosofía dos boy scouts adáptase moi ben á do movemento de software libre xa que se traballa de forma colaborativa e altruísta, uns valores parecidos aos que fomentaba o movemento durante os anos 50 e 60 nas súas saídas de campo, cando as tecnoloxías da información e a comunicación non existían.
 
Fonte: Cenatic
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal