Mancomún

Mozilla permite aos usuarios xerar os seus propios mashup

Venres, 29 Agosto 2008

Ubiquity, un novo experimento de código aberto, podería permitir a usuarios non técnicos crear aplicacións web híbridas, ou mashup

UbiquityMozilla Labs vén de presentar Ubiquity, un prototipo deseñado para permitir a usuarios non técnicos crear [[mashup]] dunha maneira máis fácil e produtiva, creando, en definitiva, comandos entendibles.

Os mashup permiten que calquera persoa combine, de forma innovadora, datos que existen en diferentes páxinas web para crear un novo contido completo, consumindo servizos sempre a través de protocolo http. Até agora a súa creación estaba restrinxida aos programadores e desenvolvedores de aplicacións, pero este novo proxecto de Mozilla quere levar o control ás mans do usuario final, permitíndolle executar tarefas como a tradución en pantalla ou a procura en sites como Google ou Amazon.

Ubiquity é un experimento de Mozilla Labs que busca atopar novos interfazes de usuarios que poderían facer posible a todo o mundo facer tarefas comúns máis rápida e facilmente. A primeira versión da aplicación (0.1) está dispoñible para a súa descarga. O código do experimento Ubiquity está a lanzarse como software de código aberto baixo a tripla licenza GPL/MPL/LGPL.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal