Mancomún

SugarCRM 5.1 inclúe melloras nos informes e unha mellor experiencia de uso en dispositivos móbiles

Venres, 29 Agosto 2008

Acaba de saír á luz a versión 5.1 de SugarCRM, aplicación de Xestión de Relación con Clientes (Customer Relationship Manager-CRM) que é usado polas empresas para xestionar a relación cos seus clientes incluíndo a análise e captación destes, almacenaxe e listaxe dos seus datos así como dos provedores e socios e a información interna.

A nova versión inclúe, entre outras melloras, novos informes e posibilita o uso da interface de SugarCRM en dispositivos móbiles, como por exemplo os BlackBerry® e os iPhone™.

A versión da comunidade de SugarCRM 5.1 está dispoñible para descarga desde http://www.sugarforge.org/content/downloads

 

As novas características da versión 5.1:

Sugar 5.1 ofrece novas características e melloras na experiencia do usuario e nas funcións de administración da aplicación, incluíndo:

  • Informes e analíticas avanzadas con soporte para datos complexos, filtros en tempo de execución, integración con folla de cálculo,…
  • Nova interface HTML Wireless que ofrece unha mellorada interface de usuario, novas capacidades de busca e soporte para BlackBerry® e iPhone™.
  • Melloras na importación de datos, facéndoas máis sinxelas que nunca, importando datos de Excel, Act!, Outlook e Salesforce.com.
  • Informes de seguimento que dan unha imaxe xeral do uso do sistema.
  • Melloras no creador de módulos que permiten novos tipos de relacións, auditorías, etc…

Máis información en:
http://www.sugarcrm.com

BlackBerry é os produtos RIM, incluíndo as marcas relacionadas, imaxes e símbolos, son marcas rexistradas de Research in Motion Limited.

O iPhone é unha marca rexistrada de Apple Inc.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal