Mancomún

O Goberno de Quebec demandado por ignorar o Software Libre

Venres, 29 Agosto 2008

O Tribunal Superior de Xustiza de Quebec deu conta recentemente de que FACIL, a asociación de Software Libre de Quebec (Canadá), presidida por Mathieu Lutfy, está a demandar ao goberno da provincia de Quebec, argumentando que este último está brindando trato preferencial a empresas como Microsoft e Oracle, ao mercar os produtos destas compañía en lugar de utilizar alternativas de Software Libre.

Segundo explican os membros da asociación, esta decisión non fai máis que malgastar diñeiro que podería ter sido aforrado aos contribuintes. Tan só en Microsoft investíronse, aseguran, “un estimado de 80 millóns de dólares anuais”.

Os compradores do goberno de Quebec están facendo uso dunha excepción na lei da provincia que lles permite comprar directamente dun distribuidor privativo cando se carece de opcións dispoñibles, non obstante FACIL argumenta que se está utilizando un truco para abusar disto, o cal vai en contra doutros requisitos para poder facer compras locais. FACIL publicou un comunicado en inglés e en francés explicando detalles e xerga legal ao respecto.
 
Máis información
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal