Mancomún

Nova versión de Fog 0.17, a ferramenta de clonación e alternativa libre a Ghost

Luns, 23 Xuño 2008
FOG (Free Open Source Ghost) é unha ferramenta libre que permite a clonación de discos duros para os sistemas de Microsoft Windows XP e Vista. Fog non utiliza discos de arranque ou CDs, senón que traballa a través de TFTP e PXE. Fog inclúe un bo conxunto de drivers dentro do kernel para evitar problemas e inclúe un servizo de Windows gráfico para facilitar as tarefas máis habituais: cambiar o nome do computador, instalar impresoras, facer simples snap-ins, …
 

A seguinte imaxe recolle o funcionamento básico de FOG. A ferramenta fornece os seguintes servizos aos clientes de rede: DHCP, NFS, PXE, FTP, HTTPD e WOL (Wake-On-LAN). Todos os computadores da rede que teñan o arranque PXE como primeiro dispositivo, como se desprende do cliente 1, FOG pode decidir se arranca unha imaxe ou dende o disco duro local. No caso do cliente 2 esta copiando unha imaxe ao servidor empregando NFS que posteriormente poderá ser clonada noutros equipos. O manager é a máquina que controla todas as funcións do servidor FOG. O administrador pode ser calquera dispositivo que teña un navegador web.

 

http://freeghost.no-ip.org/images/stories/fogoverview.jpg

Para máis información:

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal