Así achegan en fase beta un par de plugins GPL para mellorar e facilitar a integración do servizo de seguimento de bugs de Launchpad cos de Bugzilla e con Trac. Grazas a estes plugins será posible compartir o historial de comentarios dun bug creado tanto en Bugzilla como nun proxecto que empregue Trac cun bug creado en Launchpad.
En ocasións un mesmo bug afecta a varios proxectos. Ata o de agora, se un mesmo bug afectaba a un proxecto cuxo seguimento de bugs é a través de Launchpad ao tempo que a outro proxecto que os leva fóra de Launchpad, i.e. Sourceforge ou Debian BTS, non se podía compartir o historial de comentarios de ambos bugs. A solución consistía en enlazar dende Launchpad á páxina externa e amosar o estado do bug.
O equipo de desenvolvemento de Launchpad considera que poder ofrecer un sistema de compartición do historial de comentarios permitirá que se cree un equipo multiproxecto para resolver o bug o que aumentará a eficacia do grupo
Por este motivo decidiron desenvolver os plugins que lanzan agora en fase Beta, polo que solicitan a colaboración de desenvolvedores para a súa proba.
Fonte: Portal de novas de launchpad
