Mancomún

Estremadura culmina a primeira fase da "e-administración" baseada en Software Libre

Venres, 1 Agosto 2008

O Conselleiro de Administración Pública e Facenda, Ángel Franco, anunciou hoxe que a Junta de Extremadura acaba de culminar a primeira fase da súa plataforma telemática “e-administración”, a cal permitirá a tramitación de catro dos máis de cen procesos administrativos que contempla o proxecto no seu conxunto, que está baseado en Software Libre.

Así o indicou Franco en rolda de prensa, á que tamén asistiron o secretario xeral de Administración Pública e Interior, Francisco García Pena, a directora xeral de Calidade dos Servizos e Inspección, Ana Guerra, o xefe de Servizos de Administración Electrónica, Juan José Roco.

Franco informou de que xa se finalizou a entrega da Fase 0, implantada polo Goberno autonómico no contorno de preprodución o 28 de maio, acordada entre a Junta e a empresa Indra, ao comezo do proxecto, realizándose deste xeito o primeiro “fito” de cara á Junta e á cidadanía, e cumpríndose un dos primeiros obxectivos deste proxecto.

Respecto diso, o conselleiro recordou que hai unha normativa europea que obriga ás administracións a estar no nivel 3 de relación cos cidadáns, onde as persoas, por medios telemáticos, poidan acceder e rexistrar as súas peticións á administración, á vez que poida recibir a resposta que precisan.

Deste xeito, Estremadura é o primeiro Goberno rexional que conta cun sistema global de administración electrónica baseado en Software Libre para a xestión de toda a documentación asociada aos trámites que realizarán os cidadáns coa Administración autonómica.

Fonte: Extremadura al día

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal