Mancomún

Nova versión de Listen, un completísimo audiorreprodutor para Gnome

Luns, 30 Marzo 2009

  Escrito en Python, Listen pode mostrar diferente servizos de web: shoutcast webradio, podcast, lyrics (a través de varios plugins como lyriki, leolyrics, información da wikipedia sobre artistas ou álbums). Un dos seus avances é que pode crear intuitivamente listas de reprodución recollendo información desde Last.fm sobre qué música é a que máis frecuentemente nos gusta escoitar.

A interface pode presentar a información de catro modos: un mini modo para preservar o espazo de pantalla, unha lista de reprodución tipo interface xmms, un modo normal con todas as funcionalidades na mesma xanela e un modo “festa” (pantalla completa).

Tamén permite tanto o uso mediante liña de ordes, unha sinxela xanela en pantalla ou unha icona na lista de tarefas e manexa moitos formatos de audio (ogg, flac, mpc, mp3, mp4, m4a) .

A nova versión candidata 0.6 trae as novidades seguintes:

– compatibilidade parcial DAAP
– emisora de radio Last.fm 
– lembra calquera audio reproducido en Listen
– ecualizador de 10 bandas
– axente Icecast (para usar cun servidor icecast)
– visualizador (compatíbel con todos os plugins gstreamer)
– navegador sobre o almacén de música Jamendo
– motor de reprodución Crossfade
– un sistema sinxelo de plugins que permite programar doadamente novas funcionalidades
– outro tipo de plugins varios (gajim plugin, avant-window-navigator plugin, new lyrics backend)

 Máis información listen-project.org

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal