Mancomún

A Oficina de SwL da USC achega a suite ofimática OpenOffice.org ao persoal docente da universidade

Luns, 30 Marzo 2009

USCA Oficina de Software Libre da USC está a achegar ao Persoal Docente e Investigador (PDI) os coñecementos básicos sobre a suite ofimática OpenOffice.org a través dunha serie de cursos que terán lugar entre este mes e o vindeiro mes de abril. Os obradoiros  tratarán da parte máis empregada deste paquete de software libre como son o procesador de textos (writer), a folla de cálculo (calc) e as presentacións (impress).

Ao igual que os anteriores cursos realizados -“iTALC, ferramenta libre de xestión de aula” e “Introducción a Ubuntu GNU/Linux“-, este ciclo inscríbese no servizo de formación que a Oficina lles está a ofrecer aos PDI a través do Instituto de Ciencias da Educación por medio do Plan de Formación e Innovación Docente.

Así, hoxe e mañá terá lugar o curso “Introdución a OpenOffice.org Writer” e o mércores 1 e o xoves 2 de abril o curso “Introdución a OpenOffice.org Calc”. As sesións terán unha duración de 6 horas, repartidas en 3 horas cada día en horario de 17:00 a 20:00 da tarde e celebraranse na Aula 3 de Informática da Facultade de Dereito no campus sur de Santiago de Compostela.

A principios de maio, o mércores 6 e o xoves 7, terá lugar o curso “Introdución a OpenOffice.org Impress” e rematará o ciclo de cursos sobre OpenOffice.org no campus sur.

Estas xornadas completan o ciclo de cursos que tamén terán lugar no campus de Lugo na Aula Universia:

  • “Introdución a OpenOffice Writer”, o día 28 de abril en xornada partida, de 10 a 13 da mañá e de 16:30 a 19:30 da tarde.

  • “Introdución a OpenOffice Calc”, o día 29 de abril en xornada partida, de 10 a 13 da mañá e de 16:30 a 19:30 da tarde.

  • “Introdución a OpenOffice Impress”, o día 30 de abril en xornada partida, de 10 a 13 da mañá e de 16:30 a 19:30 da tarde.

Fonte: OSLUSC

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal